domingo, 21 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

 Abril é un mes moi especial para a lectura e os libros. O 2 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO INFANTIL

Sobre as alas, os contos viaxan.

Desexando sentir o latexo do teu corazón.

Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.

Preme na imaxe para ler o texto completo

E non queda todo aquí, o 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO e me gustaría celebralo amosándovos este video que fun facendo con imaxes que reflicten o día a día do meu querido BIBLIOCASTELO. Agardo que vos guste:



mércores, 10 de abril de 2024

VISITA DE ANXO IGLESIAS

 O martes 8 de abril achegouse ao Bibliocastelo o autor ANXO IGLESIAS que ademais é profesor de Educación Física e forma parte do grupo de música infantil A banda dos cueiros.

Veu falar co alumnado de 5º de primaria do seu libro de poesía UNHA NOVA DIMENSIÓN que foi Premio Merlín en 2022. Trátase dun libro de poemas moi inxenioso artellado a partir do concepto xeométrico de dimensión, cunha gran dose lúdica e imaxinativa. 

Foi unha sesión moi divertida e animada onde rapeamos poemas e recitamos un abecegrama.
Explicounos como escribía os seus poemas e que aínda que ten moitos escritos, este é o único que ten publicado polo de agora.
GRAZAS ANXO!!! A TÚA POESÍA FOI UN FANTÁSTICO DESCUBRIMENTO!!!

venres, 5 de abril de 2024

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

 Esta semana tivemos a sorte de contar con Andrea Maceiras, escritora e profesora coruñesa. 

A rapazada de 5ª estivo lendo o seu libro "A folla azul" que conta a historia de Husu Aké filla da Terra e membro da tribo dos Tacaré. Trátase dunha tribo indíxena que vive oculta no corazón da selva na Amazonia.


A partir das preguntas que o alumnado levaba preparadas, foinos contando moitas cousas sobre este libro.

Tamén lle ensinaron os debuxos e textos que fixeran a partir do que máis lles gustou do libro.

Antes de marchar asinou os exemplares dos rapaces/zas con moito cariño.


MOITAS GRAZAS ANDREA!!! AGARDAMOS QUE VOLVAS PRONTO!!!


luns, 26 de febreiro de 2024

MASCOTAS E MEDALLAS OLÍMPICAS

 Queridos/as amiguiños/as:

Cantas cousas estades a aprender sobre os XOGOS OLÍMPICOS!!! Nesta ocasión os TRASNOS aprenderon outra das sinais de identidade das OLIMPÍADAS: A MASCOTA.

Para que se puxeran en marcha envieilles unha video-mensaxe dende Paris cunha nova misión: 


Que vos parece? Interesante, verdade??? Pois premede na imaxe para ver como deseñaron a súa mascota das "OLIMPÍADAS DOS TRASNOS"

PREME NA IMAXE

Despois da mascota, tocaba conseguir os AROS OLÍMPICOS, para o que lles fixen chegar todo o material necesario nunha caixa que deixei na súa aula. Así foi como, con moito esforzo o lograron, con lazos de cores e todo!!!

PREME NA IMAXE

NORABOA TRASNIÑOS/AS, ESTADES A FACER UN GRAN TRABALLO!!!


venres, 23 de febreiro de 2024

VISITA DE DAVID GÓMEZ

O alumnado de 5º de primaria contou cunha visita fantástica e da que gozou moito: DAVID GÓMEZ que é un deportista que ten unha ampla carreira no mundo do fútbol e que, nos últimos anos,  se dedica a ser adestrador. Ademais de adestrar a equipos da nosa vila, estivo no corpo técnico dos equipos base do F.C. Barcelona e, actualmente, está co-liderando a SELECCIÓN DE FÚTBOL DE BANGLADESH.


Deunos unha charla na que nos demostrou que se tes un soño hai que loitar e traballar duro para conseguilo. Falounos da importancia do deporte na súa vida e como a el estalle dando grandes oportunidades, como viaxar arredor do mundo. En todo momento destacou a importancia de rodearse de boas persoas que se convertiron nos seus amigos e familia. 

Durante estes días o alumnado de 5ºA e 5º B estivo preparando a súa visita: leron noticias súas en xornais, prepararon as preguntas que querían facerlle, fixeron un guion para entrevistalo na radio do cole... Logo da charla a todo o grupo, Sabela, Dani, Daniela e Javi fixéronlle unha entrevista na radio, e Rubén gravou un vídeo para inmortalizar este momento tan especial. A profe Marta axudou na gravación.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Queridos/as amiguiños/as:

Quero darvos os PARABÉNS por todas as actividades que estades levando a cabo nas aulas para lembrar o nacemento da nosa ROSALÍA.

Recitando poemas e facendo ilustracións a partir deles:

Debuxando a Rosalía:
O alumnado de 2º de primaria conmemorou esta data con varias actividades, videos, debuxando caricaturas e tamén gravaron unha entrevista na radio da escola:

Toda a escola dende infantil ata 6º de primaria recitou o poema ADIOS RÍOS ADIOS FONTES en lingua de signos coa axuda de Rosa Louro, a nosa intérprete favorita. Aquí tendes o resultado deste gran traballo:

E aínda nos queda a celebración conxunta co recitado de poemas que iamos levar a cabo o venres 23 e se tivo que pospor para o luns 26, por mor da chuvia.


xoves, 15 de febreiro de 2024

UN PAPÁ MOI ATLÉTICO

Co gallo do noso proxecto sobre as olimpiadas e o deporte, a rapazada de 4º recibiu esta semana a visita de 3 membros do clube de atletismo de Bueu, Corredoiras.


Recibimos a Ricardo Verde, presidente do clube Corredoiras e Concelleiro de Deportes do Concello de Bueu que viu acompañado de Manolo Otero, membro fundador do clube. Comezaron falándonos da historia do atletismo e como xa na prehistoria o ser humano corría, saltaba e lanzaba para cazar e sobrevivir. Tamén nos fixo un repaso polas olimpíadas da antigüidade e polas modernas. Explicounos que o atletismo é un deporte individual e que o deportista compite sempre consigo mesmo, intentando superarse.


Esta visita foi posible grazas a Luis Becerro, pai da nosa compañeira Lía. Luis foi mostrándonos a través dunha serie de imaxes o que que fan no clube Corredoiras.  Organizan competicións como a de Ons, Udra, San Martiño, … Tamén van, como clube, a carreiras  en distintos lugares como Leiro, Vilagarcia, …

Falounos dos valores do deporte: Tenacidade, Superación, Compañerismo, Esforzo ...

 Contounos que practicar o atletismo é moi sacrificado  para el e para a súa familia porque se pasa moitas horas adestrando. Pola contra este deporte permitiulle coñecer a moita xente e diferentes lugares.

 Gústalle ir ás maratóns e adoita facelo unha vez ao ano.

O maratón de Sevilla rematouno cunha marca de 2 horas e 30 minutos!  UNHA MARCAZA!

Mostrounos as zapatillas coas que corre. Puidémolas tocar e comprobar que eran moi lixeiras

Por último, agasalláronnos con camisetas, tazas e asinaron autógrafos ademáis de sacarse unha foto de grupo. Foi unha aprendizaxe fantástica!!!



venres, 9 de febreiro de 2024

ENTROIDO OLÍMPICO 2024

Un ano máis celebramos o entroido coa temática do noso proxecto deportivo "AS OLIMPIADAS DE PAPIRUS"
Por mor do mal tempo, nos vimos obrigados a reunirnos no ximnasio da escola e non puidemos recibir ás familia por problemas de espazo. Aínda así o pasamos xenial!!!
O evento comezou coa actuación de OS MULOS que viñeron cantar con nós as súas cantigas. Mirade nestes videos que ben nos sabiamos as letras:


Despois da actuación, comezou o desfile por niveis. Os nenos/as de 1º foron á hípica e ata levaban cada un o seu cabalo.
A rapazada de 2º mergullouse no entroido con traxe de baño e todo. Menudos nadadores/as!!!
O alumnado de 3º decidiuse polo rugby e ata nos bailaron unha haka!
Os rapaces e rapazas de 4º convertironse en expertos karatekas e nos amosaron os seus golpes máis precisos.
O alumnado de 5º sacou as súas taboas de snowboard e ben abrigados practicaron sen parar.
Os maiores da escola decidiron practicar un pouco de atletismo e vestíronse para a ocasión.

Pasámolo moi ben a pesares do mal tempo!!!

O ELEFANTE QUE PERDEU O SEU OLLO

O día 8 de febreiro, recibimos no cole de infantil, unha visita moi especial, Boniface Ofogo e Marc Taeger, autor e ilustrador do conto "O ELEFANTE QUE PERDEU O SEU OLLO" grazas á fábrica de contos KALANDRAKA.
Boniface naceu e viviu moitos anos nunha aldea no interior de Camerún, é especialista en fábulas, lendas, mitos e tradicións da África negra, entre os que destaca "O LEÓN KANDINGA", outro dos seus contos que nos gusta moito.

Mark Taeger e un ilustrador e deseñador moi coñecido en Bueu, A animación, a pintura, a escultura e a arte gráfica son as especialidades dos seus contos entre os que podemos destacar: "Un máis", "Garavanciño", " A verdadeira historia de Carrapuchiña", ...

Hoxe viaxamos con eles ao corazón de África através da fábula para afrontar as dificultades dende a calma e a tranquilidade. Boniface contou e cantou e Marc pintou a historia de "O elefante que perdeu un ollo"


Queremos agradecerlle a Ricardo de Kalandraka por contar con nós para esta actividade.

mércores, 7 de febreiro de 2024

CONTACONTOS OS 3 CABRITOS

Nunha nova edición dos RECREOS DE CONTO, este xoves tivemos a sorte de contar no BIBLIOCASTELO cunha representación adaptada do conto clásico “Os 7 cabritos”

Paula, Alba, Lola, Kidist, Noa, Uxía e Saray, axudantes da biblioteca escenificaron a historia dos 3 cabritos para o alumnado de 2º de primaria.

Neste video podedes ver o boas actrices que son e o gran traballo de preparación que fixeron. NORABOA RAPAZAS!!!



venres, 26 de xaneiro de 2024

FACHOS, EQUIPOS E BANDEIRAS OLÍMPICAS

 Ola de novo amiguiós/as: 

Os trasniños/as seguen a investigar sobre os XOGOS OLIMPÍCOS. 


E chegou o momento de construír o FACHO OLÍMPICO e tamén as dúas piras, a da cidade grega de Olimpia onde terán que prender o facho e a pira que van colocar no lugar onde celebrarán as súas olimpíadas!
PREME NA IMAXE

A continuación temos que prepararnos para o DESFILE DAS NACIÓNS, un acto das olimpíadas onde os deportistas organizados por equipos desfilan coas súas bandeiras. Para isto tivemos que facer 4 EQUIPOS OLÍMPICOS coa finalidade de deseñar e crear a nosa BANDEIRA!

PREME NA IMAXE


venres, 19 de xaneiro de 2024

AS OLIMPÍADAS DOS TRASNOS

 Ola amiguiños/as:

Co gallo das OLIMPÍADAS DE PAPIRUS, vos propoño unha nova aventura que comeza con esta carta:

Unha vez o averiguedes, vos explico o seguinte paso nesta video-mensaxe:


E aquí está o resultado final! Se queredes ver todo o proceso clicade na imaxe:

PREME NA IMAXE

EXCELENTE TRABALLO!!!

xoves, 21 de decembro de 2023

GUÍA DE LECTURA NADAL 2023

Convídovos a gozar da lectura este nadal con estas suxestións da Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo:

PREME NA IMAXE

mércores, 29 de novembro de 2023

GOZANDO DA CIENCIA

Novembro foi un mes moi, moi especial para o alumnado de 4º! Conmemoraron o mes  da ciencia en galego cunha chea de experimentos no espazo científico:

  • A candea apagada
  • Líquido non newtoniano
  • Neve
  • Papel que non se molla
  • Chuvia 
  • Erupción do volcán
  • Peixes flotantes
  • Debuxos vivos
  • Ovo saltarín
  • Arco da vella no leite
PREME NESTA IMAXE

PREME NESTA IMAXE