domingo, 31 de xaneiro de 2010

LUIS DAVILA NA NOSA BIBLIOTECA



Co gallo da celebración de IV Concurso de Viñeta e Ilustración "A igualdade no traballo" convocado polo Concello de Bueu para conmemorar o Día da Muller Traballadora ( 8 de marzo), tivemos na nosa biblioteca a Luis Davila un xenial artista buenense.

Luis falounos das diferenzas entre homes e mulleres no mercado laboral.

Explicou que as viñetas deben ser sinxelas, sen moito texto, o ideal é que o debuxo sexa o que nos conte o que ocorre e que o lector se decate en poucos segundos do que está a pasar.

As metáforas, as personificacións, as liñas cinéticas que expresan movemento ou as cellas altas que expresan tristeza, son algunhas das técnicas que exemplificou cos seus debuxos, cargados sempre dunha enorme dose de humor e retranca.Lembrounos que, primeiro e o máis importante, é ter a idea clara do que se vai a debuxar e de seguido elexir o formato da viñeta (vertical ou horizontal) que nos pareza máis axeitado segundo a nosa idea.

Cando facemos un bocadillo é importante escribir primeiro o texto e despois rodealo, evitando así ter que amoldar a letra ao espazo.

Foi fantastico, aprendemos moitas cousas para facer as nosa tiras comicas e ademáis pasamos un rato moi divertido. Ao final da súa intervención firmou os exemplares que algúns nenos/as levaron do seu libro " O Bichero" e tamén nos adicou unha fermosa ilustración para o noso libro de visitas.

sábado, 30 de xaneiro de 2010

COCIÑANDO PALABRAS



O luns 18 de xaneiro disfrutamos dun obradoiro de EXPRESIÓN ESCRITA a cargo da editorial Kalandraka en dúas sesións para o alumnado de 6º.

Na 1ª sesión os nenos e nenas leron algunhas receitas do libro " SOPA DE SOÑO E OUTRAS RECEITAS DE COCOCIÑA" de José Antonio Ramírez. Despois cada neno/a tirando da súa imaxinación elaborou a súa receita de cociña cuns ingredientes un tanto sorprendentes.
Gustaríache ler algunha?

Na 2º sesión os nenos e nenas leron algunhas páxinas do libro "BATALLA DE NAIPES" de Juán Ignacio Pérez Palomares. A continuación elexiron dúas cartas da baralla e a partir deses dous personaxes crearon unhas historias moi divertidas.
Queres ler algunha agora?

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Hoxe 29 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ. Tivemos un poquiño de todo, os pequeniños de infantil cantáronnos unha fermosa canción, os nenos e nenas de primaria leron como eles imaxinan o mundo, soltamos unhas pombas como símbolo da liberdade e para rematar todos xuntos cantamos a canción de John Lennon "IMAGINE".


PREMIOS NOBEL DA PAZ

O CEIP DE QUINTELA en Moaña amósanos este video cos Premios Nobel da Paz. Falta o último, xa sabes quen é?

venres, 29 de xaneiro de 2010

PALABRAS POLA PAZ

Dende a BIBLIOTECA DO IES SANCHEZ CANTÓN de Pontevedra achégannos esta preciosa presentación.

CARTEL DA PAZ


Este fermoso cartel chéganos dende o IES RIO CABE en Monforte.

MÚSICA PARA Á PAZ

Recompilación especial de PEZAS MUSICAIS realizadas polas BIBLIOTECAS DE GALICIA para commemorar o DÍA DA PAZ.

sábado, 16 de xaneiro de 2010

CONTO PARA A PAZ


Sabedes quen é Wangari?

Pois veredes, Wangari Muta Maathai naceu o 1 de abril de 1940 en Kenia. Foi a 1ª muller africana que recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004.

E por que lle deron este premio tan importante?

Pola súa contribución ao desenvolvemento sostible, á democracia e á paz e pola súa loita para promover o desenvolvemento cultural, económico e social en Kenia e África.

Se queredes saber máis sobre esta impresionante muller premede na súa foto.

Dende a Unitaria de Vide chéganos esta adaptación ao galego do conto da editorial Ekoné
" Wangari y los árboles de la Paz"