sábado, 19 de xuño de 2010

O NOSO ADEUS A JOSÉ SARAMAGO


O primeiro Premio Nobel de Literatura en lingua portuguesa (1998) José Saramago faleceu o venres 18 de xuño aos 87 anos en Tías, a localidade da illa canaria de Lanzarote, na que residía dende 1993.
Nacido en Azinhaga, unha aldea de Ribatejo (Portugal) o 16 de novembro de 1922, tiña o corazón dividido polas dúas culturas, a española e a portuguesa. Será incinerado no cemiterio lisboeta de Alto de Sao Joao e as súas cinzas repartiranse entre o seu pobo natal Azinhaga e Lanzarote, xunto a un olivo do xardín da súa casa.
As súas obras están cheas de humanidade e de preocupaciones propias, destacando a conciencia moral do escritor, sempre ao lado das víctimas.
Creador de universos literarios soubo combinar moitas facetas así escribiu poesía, relatos, novelas, crónicas, teatro...
"Yo no escribo por amor, sino por desasosiego; escribo porque no me gusta el mundo donde estoy viviendo" (2003)
Saramago acudía a Galicia siempre que podía e faciao coa satisfación que se sinte cando un está comodo e familiar. Mantivo unha gran amizade con Carlos Casares e con Torrente Ballester, o que ratifica esta idea de que a Saramago lle interesaban os bos escritores desta terra galega.
Neste cortometraxe galego basado no seu relato infantil "A maior flor do mundo" pódese escoitar a súa voz.



Rematamos cunha frase súa "Nuestra única defensa contra la muerte es el amor" (José Saramago, 2005)

venres, 18 de xuño de 2010

CADERNO DE BITÁCORA PARA FAMILIAS LECTORAS.

Dende a biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda en Redondela chéganos este interesantísimo caderno sobre a lectura que non debedes deixar de ler.


Preme na imaxe para que aumente de tamaño.

domingo, 13 de xuño de 2010

PREMIADOS/AS NO CONCURSO " DEBUXANDO A PAPIRUS"

Esta é a relación de premiados/as e as súas estupendas creacións no concurso organizado dende a biblioteca "Debuxando a Papirus"




Infantil: María García Torres 3 anos A





1º Ciclo: Henrique Torres Docampo 1º B






2º Ciclo: Héctor Rodríguez Rodríguez 3º A






3º Ciclo: Andrés González Mariño 6º B






Premio especial: Ainhoa López Fiel 4ºB




PAPIRUS NA TELEVISIÓN!!!

Co gallo do Concurso Cultura Mariñeira, un equipo de televisión, veu facer unha reportaxe na biblioteca sobre os premiados/as. Ata buscaron a Papirus por eses mundos lonxanos onde se atopa para facerlle unha pequena entrevista. Como sei que moitos de vós o botades de menos, neste video podedes ver toda a grabación e escoitar as súas palabras.

Colexio A Pedra de Bueu from VIA TV on Vimeo.

sábado, 12 de xuño de 2010

venres, 11 de xuño de 2010

PAPIRUS NO CORPUS DE BUEU

A imaxinación e o cariño dos nosos nenos e nenas pola mascota da Biblioteca levounos a participar na tradicional festa de Corpus cun diseño de alfombra moi especial: Papirus e a súa amiga a Meiga Cocorola.
Nestas fotos podedes observar o proceso de elaboración. Canto traballo!!! Pero o resultado final paga a pena.
Noraboa!!! Que preciosidade de alfombra!!!
Moitas grazas a todos e todas, rapaces, rapazas e maiores, no nome de Papirus.




MULTICULTURALIDADE EN PRIMEIRA PERSOA

O pasado mércores día 2 gozamos dunha xornada dedicada á multiculturalidade na biblioteca do noso centro. Dita xornada foi organizada e promovida pola Concellería de Benestar Social do Concello de Bueu. Deste xeito, Laura Ogando acompañounos e actuou como voceira da charla presentándonos a Alexander Markus Bleicher, protagonista principal da mesma.
Álex, como lle gusta ser chamado, é un inmigrante alemán afincado na nosa terra, concretamente na cidade de Vigo. Leva vivindo connosco uns seis anos e durante este tempo foi quen de aprender tanto o castelán coma o galego; de feito, fomos testemuña do empeño que puxo en saudarnos empregando o galego, esforzo que agradecemos cun sonoro aplauso.
Álex naceu na rexión bávara de Alemaña, aínda que o seu espírito inquedo levouno a vivir en diferentes lugares da xeografía europea. Nas súas andainas polo mundo fixo amizade cun rapaz de Vigo, e foi este “insignificante” detalle o que derivou nun enorme cambio na vida do alemán. O vigués convidou a Álex a pasar uns días de vacacións na Cidade Olívica, ofrecemento que este aceptou gustosamente.
Xa neste primeiro contacto coa nosa terra, Álex sentiuse fascinado coa paisaxe, xentes e cultura galegas. Levou unha moi grande sorpresa cando comprobou que temos un idioma propio, xa que de igual xeito acontece na súa terra natal: en Baviera tamén contan cunha lingua propia da que se senten moi orgullosos.
Froito desta fascinación foron as numerosas visitas posteriores que o bávaro fixo a Galicia; ata que un día el mesmo formulouse a seguinte cuestión: “Gustaríache vivir en Galicia?”, a resposta non se fixo esperar: “Si, gustaríame.” E así aconteceu, cargou unha furgoneta coa súa roupa, algúns mobles e as súas “cousas” e cruzou parte de Europa para se converter nun galego de adopción.
A través das nosas preguntas, que contestou cunha grande amabilidade, fomos conscientes das diferenzas culturais que existen entre os nosos países: distinto xeito de festexar o Nadal; distinto funcionamento do sistema educativo; distinta forma de concibir a reciclaxe...
Álex gusta moito da nosa terra, agora tamén súa; aínda así, non deixa de sentir morriña pola súa Baviera natal.