mércores, 27 de abril de 2011

MURAIS ANA ALONSO

Estes son os preciosos murais nos que quedaron expostos os traballos de investigación e os debuxos feitos polos nenos e nenas do 1º ciclo sobre os libros "BLANCANIEVES EN LA CIUDAD" e "lOS DUENDES DEL OTOÑO"

DOMINÓ DE LIBROS

venres, 22 de abril de 2011

POEMA PARA O DÍA DO LIBRO

Este poema de Ana Mª Fernández adicado ao libro é realmente fantástico porque nos transporta a un mundo de contos e imaxinación. Non deixes de lelo.

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Que se celebra o Día do Libro?
É unha conmemoración a nivel internacional e que pretende fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

Por que se elexiu esta data?
Pois porque por esa data faleceron, aínda que non o mesmo día, os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso da Vega.

Quenes eran estes escritores?
Se queres coñecer máis sobre eles, a súa biografía ou cales son as súas obras máis coñecidas preme en cada un dos nomes.

luns, 18 de abril de 2011

MULLERES NA HISTORIA

Este é o mural que podes atopar na entrada do noso cole e que amosa o resultado da búsqueda de información que levaron a cabo os nosos alumnos e alumnas sobre algunhas mulleres importantes ao longo da historia. Preme na imaxe para ver e saber máis.

venres, 15 de abril de 2011

EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS E LIBROS

A galeria Sargadelos de Santiago de Compostela acolle ata o 30 de abril a exposición de ilustracións e libros da campaña de animación e lectura. A mostra recolle a obra gráfica de varios artistas de nivel internacional nun espazo con diferentes ambientacións escénicas. Preme na imaxe.

domingo, 10 de abril de 2011

ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Vense de celebrar os ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010/2011 no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela os días 7 e 8 de Abril.
Os que xa levamos uns anos pertencendo a este, cada vez máis numeroso grupo, asistimos só o segundo día, venres.
Inaugurou as sesións o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez e o primeiro relatorio "Avaliar para avanzar. Prácticas de autoevaluación na biblioteca escolar" estivo a cargo de Teresa Mañá e Mónica Baró que forman parte dun equipo de expertas que traballan en diferentes proxectos sobre Bibliotecas Escolares.
A continuación houbo unha presentación de experiencias en sesións simultáneas baixo o lema:
"LITERATURA EN IMAXES. CINE E BANDA DESEÑADA", como se trataba de escoller asistimos a un percorrido pola historia do comic dende os seus comenzos da man de KIKO DA SILVA.
A primeira hora da tarde reunímonos coa Asesora de Bibliotecas da zona de Pontevedra e visitamos a exposición de traballos dos distintos centros asistentes.
Para clausurar a xornada compartimos tempo cun grande das letras XOSÉ NEIRA VILAS que nos falou de LIBROS E LECTURA NA XENTE NOVA. Estivo sublime, entrañable e fantástico contándonos a súa traxectoria vital, da man da súa inolvidable Anisia.


Se queredes obter máis información e seguir os distintos relatorios e experiencias premede no seguinte enlace e entrade como convidados.

martes, 5 de abril de 2011

ANA ALONSO E OS SEUS BIBLIONAUTAS

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa presenza de ANA ALONSO na nosa biblioteca. Chegou a primeira hora da mañán para pasar un tempo cos nenos e nenas do 1º ciclo.
Contounos moitas cousas interesantes sobre a súa vida. Falounos da súa gran aficción á lectura que lle ven dende que era moi pequena porque aos seus pais tamén lles gustaba ler e tiñan moitos libros na casa. " Cando les moito se che dispara a imaxinación"
Empezou a escribir con 9 anos, na revista escolar do seu colexio, que por aquela época se facía con xelatina non comestible.
Con 19 anos, mentras estudaba Bioloxía, presentouse a un concurso de poesía, conseguindo así que lle publicaran o seu primeiro poemario.
Pero o seu primeira novela pertence a colección "La llave del tiempo" e se titula "LA TORRE Y LA ISLA"
Presentounos a uns viaxeiros moi especiais "OS BIBLIONAUTAS" que son catro personaxes moi especiais da colección PIZCA DE SAL, que nos axudan e facilitan a lectura:
LUNILA: é a capitana e organizadora das viaxes aos libros.
MAGNUM: é un rato de biblioteca con gafas que se alimenta lendo libros, por iso sabe moitas cousas e resolve todas as dúbidas dos seus amigos e amigas.
KAPEK: é un robot cadrado que almacena toda a información sobre o significado das palabras, pero que ten un defecto, toma todo ao pé da letra e cre todo o que le nos libros.
PIZCA: é o que máis disfruta lendo pero tamén ten un problemiña, escápanselle os recordos e esquece de que tratan os libros que le.
Entre todos axudamoslle a recordar o argumento dos libros que estivemos lendo "LOS DUENDES DEL OTOÑO" e "BLANCANIEVES EN LA CIUDAD" e amosámoslle os nosos traballos e murais feitos a partir dos seus libros.
Antes de rematar pediunos que lle ilustrásemos unha postal para levar un recordo noso. Foi moi divertido!

Tamén os e mozas de 6º tiveron a fortuna de participar na visita de Ana Alonso. Están lendo os libros da colección LA LLAVE DEL TIEMPO da que comparte autoría con Javier Pelegrín. Trátase dunha serie de carácter futurista, na que cinco adolescentes, catro deles cun sistema inmunolóxico fora do común, toman a iniciativa e implícanse nunha realidades que a priori parece quedarlles demasiado grande.
Neste tempo que tan xenerosamente nos brindou, explicounos cuestións importantes sobre a composición desa realidade para a que se basearon en conceptos arquitectónicos e científicos, ademáis dos seus coñecementos de bioloxía.


Gozamos moito coa súa presenza e dende o Ceip A Pedra dámoslle as grazas e convidámola a voltar á nosa biblioteca.


domingo, 3 de abril de 2011

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dende hai 44 anos, cada 2 de abril se celebra o Día Internacional do Libro Infantil. A data recorda o nacemento de Hans Christian Andersen coñecido por historias como “O patiño feo”, “A sirenita", "O soldadiño de chumbo", etc .
Cada ano, un país membro do IBBY é o responsable de elaborar o cartel conmemorativo e de escribir unha mensaxe dirixida aos nenos do mundo.
Este ano é o turno de Estonia. Así o cartel foi creado polo pintor e artista gráfico Jüri Mildebergius e a mensaxe escrita por Aino Pervik, ambos orixinarios de Estonia.


Aquí tendes un video moi interesante sobre HANS CHRISTIAN ANDERSEN.