domingo, 8 de maio de 2011

II CORRELINGUA EN BUEU

O mércores 4 de maio asistimos ao II CORRELINGUA DO MORRAZO que se celebrou en Bueu, co lema "EN GALEGO SEMPRE SOMOS" . Este ano participaron un total de 15 centros da zona: Ceip de Quintela, EEI Verducedo, Ceip Tirán, Ceip do Hío, Ceip Espiñeira, Ceip A Laxe, Ceip de Domaio, IES María Soliño, Ceip Montemogos, EEI A Galiña Azul, Ceip A Pedra, Ceip de Seixo, Ceip O Carballal, Ceip Torre-Cela, IES de Rodeira. Éran un total de 1292 alumn@s.
Todos os nen@s e profes levabamos a nosa camiseta branca decorada para a ocasión co nome do centro e a palabra máis bonita elexida por cada quen.
O punto de encontro foi na Praza do Concello ás 10.00 da mañá e sobre as 10.30 comezou a marcha polas rúas amenizada pola musica galega. De maneira simultánea, os máis pequenos quedaron na propia Praza para asistir a uns OBRADOIROS:
  • Elaboración conxunta dun mural.
  • Obradoiro musical con aros.
Coma ponte para cambiar dun ao outro, tiñan que pasar por un circuito de Psicomotricidade.
Sobre as 11.30 tivemos un tempo para merendar e degustar grazas ao Grupo de Desenvolvemento Rural (DGR) Ulla-Umia-Lérez un saboroso vaso de leite fresco. Que bo estaba! Algúns repetiron e... varias veces !
A eso das 12.00 comenzou a actuación musical a cargo de Pablo Díaz e a banda TIC TAC.
E sobre as 13.00 cada centro puxo rumbo cara o seu cole despois de recibir un agasallo por parte da organización.

Moitos blogs do centro fixéronse eco desta celebración para ensalzar a nosa lingua, preme nos seguintes enlaces para ver como viviron esta xornada os nosos alumn@s.

2 comentarios:

  1. xiana y lara10/05/11, 16:14

    paseino moi ben no correlinguas porque molaron moito as cancions todo mais e millor foi a de tic tac (hoxe imos contar un conto un conto moi especial non sabemos de que trata e nin como se sabera.......................) sabedes cal e esa pois nenos e nenas podedes dar unha resposta e eu e lara saberemos e gutarianos saber cal era a vosa mola moito que a xente sepa cal e a tua cancion preferida

    ResponderEliminar
  2. alumna de 6ºB25/05/11, 18:09

    Eu paseino moi ben,foi o mellor correlinguas do morrazo que fixeron nunca.
    Houbo concerto,xogos,puidemos ir todos xuntos polas rúas de bueu.GRAZAS profesoras/es por concevernos este gozo tan grande,oxala o ano que ven os nenos e nenas deste colexio poidan disfrutar outra vez desta festa sobre a lingua.

    ResponderEliminar