mércores, 30 de maio de 2012

QUE SABES DE VALENTÍN PAZ ANDRADE?

Xa tendes a vosa disposición a 5ª pregunta do concurso. Non tardedes en respostar e seguide atentos que haberá máis moi pronto.


Noraboa aos gañadores e gañadoras da cuarta pregunta:

Martín Barcia Otero 2º A
Salvador Castro Freire 3º A
Raquel Iglesias Vilas 6º A

venres, 25 de maio de 2012

FINA CASALDERREY CO 1º CICLO

O xoves 24 tivemos, por terceira vez neste curso, a Fina Casalderrey no Bibliocastelo, esta vez viña para falar cos nenos do 1º ciclo. 


Todos e todas a esperaban con impaciencia porque leran o seu libro QUEN ME QUERE ADOPTAR? Gustoulles moitísimo e querían coñecela e facerlle moitas preguntas.


Contounos como se lle ocurriu a idea do libro a partires dunha historia que escoitou na tele e lle chamou a atención: un señor italiano que tiña moitos cartos puxo un anuncio dicindo que buscaba unha familia con rapaces ou rapazas porque onde hai nenos e nenas hai maxia e ledicia.


QUEN ME QUERE ADOPTAR? foi escollido como un dos mellores libros do mundo na Feira do Libro que se celebra todos os anos en Alemaña.

Os nen@s de 1º amosáronlle a preciosa adaptación. con forma de acordeón, que fixeron a partires da lectura do seu libro. 



E os nen@s de 2º os seus estupendos debuxos e o libro que fixeron dos seus propios avós.



Leunos o conto A AVOA NON QUERE COMER para explicarnos o gran valor que teñen as palabras.


Amosounos un PAN DE CHUVIA que trouxo de Caracas e entre todos inventamos unha historia.


Contounos que cando era pequena e tiña tose, curábaa con contos, o seu pai sentábase na cama ao seu carón e contáballe unha historia, a tose pasába e durmía tranquilamente. As veces os contos serven para curar as dores físicas e para quitar o medo.
Para rematar asinou os libros de todos os rapaces e rapazas e dedicounos os exemplares da biblioteca.


MOITAS GRAZAS FINA e VOLVE PRONTO AO BIBLIOCASTELO

martes, 22 de maio de 2012

QUE SABES DE VALENTÍN PAZ ANDRADE?

Xa temos no taboleiro da entrada a cuarta pregunta do noso concurso das Letras Galegas. Non esquezas deixar a túa resposta!


Os gañadores e gañadoras da 3ª pregunta son:

DAVID FERNÁNDEZ ENTENZA de 1ºA
JONATHAN LORENZO ENTENZA de 3º A
IVÁN ENTENZA SALOMÓN de 4º A

BOA SORTE A TODOS E TODAS!!!

luns, 21 de maio de 2012

FINA CASALDERREY NO BIBLIOCASTELO

Como nos gusta Fina, por iso este curso estivemos traballando con  varios dos seus libros. A ver se os coñecedes: Quen me quere adoptar, O misterio dos fillos de Lúa,  A lagoa das nenas mudas, Dúas bágoas por máquina e Un misterio na mochila de Alba.


Se aínda che queda algún por ler, pregunta na biblioteca, non quedes coas ganas.

O pasado venres 20 de abril estivo cos nenos e nenas de 3º de educación primaria e esta semana pasada, o martes 15 de maio, estivo cos rapaces de 4º, 5º e  6º. Falounos da súa vida e contounos moitas historias divertidas. Díxonos que para escribir unha historia, o primeiro de todo, tenche que gustar escribir, pero o imprescindible é ter sensibilidade, porse na pel da outra persoa.


Os rapaces e rapazas fixéronlle moitas preguntas e ela respondeunas todas cun sorriso. Así nos enteramos de que cando era pequena tiña unha gata que se chamaba Lúa, que foi a súa inspiración para  o libro "O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA"


Tamén soubemos que o libro " UN MISTERIO NA MOCHILA DE ALBA" escribiuno hai moitos anos e que agora lle fixo unhas reformas á historia e llo dedicou a todos os mestres e mestras.


Para rematar, con moita paciencia asinou os nosos libros cunha dedicatoria especial para cada un e aínda tivo tempo de escribir no noso libro de visitas.




MOITAS GRAZAS FINA! Esperamos verte outra vez a semana que ven. Entón será o turno dos nenos e nenas do 1º ciclo. QUE SORTE VAN TER!



venres, 18 de maio de 2012

GARAVANCIÑO

O martes 15 de maio os máis pequeniños do cole tiveron a sorte de escoitar o conto de GARAVANCIÑO da man de Olalla González e Marc Taeger. Se queredes ver o ben que o pasaron e o atentos que estaban premede na cuberta do libro.

xoves, 17 de maio de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012

Hoxe é o día das LETRAS GALEGAS dedicado este ano, como xa todos e todas sabedes, a VALENTÍN PAZ ANDRADE.
No BLOG DAS LETRAS GALEGAS tendes información e actividades para coñecelo moito mellor.


Este ano ademais celébrase o 50 aniversario da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

SEMENTEIRA DO VENTO

Verde vento polas leiras
e vento azul polo mar,
panos da mesma bandeira.
Quen fora vento, meu mar
e sobre o teu lombo brando
puidera o corpo deitar!
Quen fora o vento poboado
de polen e de cantigas
e malvises namorados!

Dende hai xa unhas semanas no cole estamos traballando a figura deste escritor e poeta. Tamén os máis pequenos aprenderon algunhas cousiñas sobre el. Se queredes ver o ben que o fixeron entrade no seu seu blog TRASNOS

III CORRELINGUA DO MORRAZO

Este pasado luns 14 de maio festexamos a III edición do Correlingua do Morrazo que este ano celebrouse en Moaña.
En representación do cole da Pedra  acudimos os nenos de Infantil de 3 anos, xunto con 2º , 3º e 4º de Primaria.
Saímos da Xunqueira para facer a marcha e percorremos o paseo ata chegar á praza.


Entre tanto os pequenos  estiveron pintando e escoitando contos nos obradoiros. 
Logo puidemos tomar a merenda e degustar queixo e leite fresco. 

Despois de repoñer forzas veu o mellor da festa , o concerto do grupo Pesdelán, co que bailamos e cantamos ó son da música popular  galega, ata aprendemos a facer un aturuxo ! 







Foi moi divertido e resultou unha vez máis, unha experiencia gratificante, a xuntanza de case 1800 rapaces dos diferentes coles do Morrazo, para enxalzar a nosa lingua que é un piar básico da nosa cultura. 


martes, 15 de maio de 2012

QUE SABES DE VALENTÍN PAZ ANDRADE?

E aquí vai a terceira pregunta, aínda estás a tempo de ser un dos gañadores deste ano. Non desesperes. Ao mellor á terceira vai a vencida! E senón terás que seguir intentandoo, xa sabedes o importante é participar e aprender.




Estes son os nomes dos nenos e nenas que resultaron elexidos como gañadores nas dúas primeiras preguntas:


1ª Pregunta
PAULA ESCRIBANO CABALEIRO 1º A
MARIO NOVO BLANCO  4ºB


2º Pregunta
JAVIER SANTOS RODAL  1ºB
LUCÍA PORTELA FERNÁNDEZ  2ºB

OS NOSOS POEMAS FAVORITOS

Aquí tendes unha pequena escolma de poemas escollidos polo noso alumnado de entre os seus favoritos. 
Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro, Gloria Sánchez, Ana Mª Fernández e Gloria Fuertes, entre outros, son os poetas que máis gustan. 
Moi boa selección rapaces e rapazas!!!





mércores, 9 de maio de 2012

QUE SABES DE VALENTÍN PAZ ANDRADE?

Aquí vai a segunda pregunta do noso Gran Concurso sobre as Letras Galegas. Tendes ata o luns para responder así que pensadeo ben pero non tardedes moito.
En breve sairán publicados no tablón da entrada do cole, os nomes dos gañadores/ras da primeira pregunta.


luns, 7 de maio de 2012

GALEGOS E GALEGAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ: SARA PARCERO


 Hoxe luns 7 de maio o proxecto galegos e galegas de aquí e de acolá volve ser protagonista. Os nenos e nenas de sexto contactaron a través de videoconferencia  cunha rapaza moañesa chamada Sara Parcero,que se atopa estudiando Ciencias Políticas  e Relacións Internacionais en Estados Unidos. 


Ela, moi amablemente falounos das súas experiencias  na universidade e de todo o traballo e esforzo que supón o que está facendo, aínda que tamén atopa tempo para divertirse.  Contestou as preguntas que os nenos tiñan preparadas acerca do seu traballo sobre enerxías renovables en Libia, que resultou ser o primeiro premio dun  certame convocado pola ONU.
 Contounos tamén que estando fora,  douse conta do verdadeiro significado da palabra “Morriña”, que cobra sentido cando botamos en falta todo o que caracteriza a nosa terra, dende a paisaxe, o mar, a xente, ata unha boa empanada como moi ben nos dicía.
Ademais o feito de ter unha lingua e cultura propias como é  a nosa , está moi valorado dende outros países como fonte de riqueza persoal, cousa da que nós non nos damos conta moitas veces. De feito aínda que domina o inglés á perfección non esquece o galego , Fálao sempre que pode e é un signo de identidade do que se sinte orgullosa.
Ánimo Sara  e moita sorte en todo o que fagas!

QUE SABES DE VALENTÍN PAZ ANDRADE?

Arranca hoxe o CONCURSO "QUE SABES DE...VALENTÍN PAZ ANDRADE?"



Supoño que vos lembrades en que consiste pero como hai rapaces e rapazas nov@s no colexio vouvolo recordar. Cada poucos días aparecerá unha pregunta no panel da entrada do cole, sobre a vida e obra do autor homeaxeado este ano nas Letras Galegas. Terás que investigar e cando xa saibas a resposta, escribea nun papeliño co teu nome e curso e metea dentro da furna. Cada pregunta terá un só gañador /a. 


A pregunta para os próximos días é a seguinte:


Se aínda non contestaches ANÍMATE E PARTICIPA ti podes ser o afortunado/a e non esquezas estar atento que ao longo desta semana sairá a segunda pregunta.


venres, 4 de maio de 2012

BOTE POLBEIRO "MAR DA PEDRA"

Xa temos o noso marabilloso bote polbeiro no corredor do Bibliocastelo. Pero non pensedes que é  de mentira que foi feito con planos auténticos e moitas horas de dedicación para conseguir un efecto tan real. Incluso se consultaron cos expertos da zona que non dubidaron en vir axudar. 
Talmente parece que escapou da Ría e chegou ata as nosas portas. 
Temos que agradecer a Irene e a Lía o seu traballo desinteresado e cheo de ilusión, xa que elas  foron as artífices, tanto da man de obra como das ideas. 
Sodes estupendas rapazas!!! Foi un placer traballar con vós e que saibades que xa formades parte do bibliocastelo e Papirus non vos esquecerá. 
Tamén queremos desde aquí agradecer a Ramón (o noso superconserxe que sempre se implica para colaborar coa biblioteca en calquera actividade) pola súa valiosísima axuda e boas ideas e por último a Martín que sempre está aí disposto a axudar e colaborar.
Neste video podedes ver o laborioso proceso de elaboración que se prolongou durante  moitas semanas e o impresionante resultado final. 

xoves, 3 de maio de 2012

CANAPÉS LITERARIOS


Esta mañá vivimos unha nova experiencia no noso Bibliocastelo. 
Unha actividade de fomento da lectura, onde se combinaban a ilusión dos contos, a emoción dos xogos e a dozura das larpeiradas.


Para organizala necesitamos os seguintes ingredientes:
     .-Gominolas variadas
     .-Pauciños escarvadentes.
     .-Moldes de magdalenas decorados.
     .-Carteliños con adiviñas cuxas solucións eran nomes de personaxes de conto (tantos como nenos/as).


Para desenvolvela fixémolo así:
Cada canapé literario estaba formado por catro gominolas pinchadas nun escarvadentes e un papeliño cunha adiviña enroscado no seu extremo superior.
Os neno/as, un por un, escolleron cadanseu canapé e antes de degustalo cumpriron a condición requerida: ler en voz alta a adiviña e acertar a solución.




Resultou todo un éxito! Daba xenio ver vinte pares de ollos desbordantes de emoción!
Non podemos pechar esta entrada sen mencionar a fonte na que nos inspiramos: un blog que atopamos por casualidade, chamado El Lapicero Mágico 
e que presenta unha chea de propostas interesantes. 

Grazas desde o Bibliocastelo A Pedra!