xoves, 24 de xaneiro de 2013

FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA

A RAG (Real Academia Galega) acaba de nomear a Fina Casalderrey como membro honorario da mesma. 

PREME NA IMAXE

Estamos moi contentos con esta nova porque levamos anos seguindo a súa traxectoria literaria e porque somos fans incondicionais dos seus libros. O bibliocastelo tivo o pracer de abrirlle as súas portas o curso pasado. Lembrades a súa visita? Pois para refrescar a memoria premede na imaxe.

PREME NA IMAXE


sábado, 19 de xaneiro de 2013

CANCIÓNS DA PAZ

O día 30 de xaneiro todo o cole imos saír ao patio para celebrar o DÍA DA PAZ e  coma todos os anos cantaremos dúas cancións.
A primeira é en inglés  ONE DAY do cantante hebreo Matisyahu e que se fixo coñecida na Copa do Mundo de 2010. Xa todos a coñecedes porque a estades practicando coas profes de inglés, plástica e música pero para que a saibades mellor e porque nos gusta moito aquí tendes o vídeo para poder gozar con ela sempre que queiramos.



A segunda é en galego O MUNDO É GRANDE de Mamá Cabra. Unha preciosa canción que nos fala da diversidade e da igualdade de todas as persoas do mundo. Aquí tes o vídeo que prepararon os pequeniños de infantil de 4 anos para poder practicala.



Ademais no lateral tendes un audio coas dúas cancións.