domingo, 17 de novembro de 2013

O NOSO POLBIÑO PAPIRUS

O noso polbiño Papirus está a ser, sen ningunha dúbida, o protagonista deste trimestre no noso cole.
Pequenos e grandes gozan coa súa canción que en breve vai saír publicada nun disco.



No disco comparte protagonismo coas melodías dos seus amigos do Ceip Carballal de Marín,  o Choco "Catro Ollos", as tartarugas Tambo e Onza, a sereiña Cristal ... 



Pero non todo queda aquí... os máis pequeniños do cole, mergulláronse nun proxecto a partires da canción que resultou todo un éxito: buscaron información sobre os polbos e, coa colaboración dos pais e nais, aprenderon moitas cousas novas. Preme na imaxe para coñecer de primeira man todas estas actividades.


PREME NA IMAXE
Os maiores do cole, o alumnado de sexto, tamén estivo facendo un traballo de investigación sobre Papirus e os seus amiguiños. O resultado da súa pescuda atópase exposto nun mural no corredor do Bibliocastelo.



Primeiro investigaron onde viven os polbos, de que se alimentan, a que familia pertencen, como se reproducen...

Despois buscaron información sobra a mellor amiga de Papirus: A vieira "Cocorola". Así aprenderon moitas cousas interesantes sobre estes moluscos bivalvos: onde viven, as súas características principais, a que familia pertencen, como se alimentan, como se reproducen...



Ningún comentario:

Publicar un comentario