xoves, 31 de outubro de 2013

CABAZAS DE CÓMIC

Esta semana a entrada do noso cole encheuse de cores, creatividade e imaxinación. Xulgade vós mesmos:


Como ven sendo tradición, ninguén quixo faltar á cita. Por iso todos trouxeron a súa cabaza decorada.


Este ano, o tema para todo o centro foi "O CÓMIC", tomando como referencia o noso proxecto "ENTRE VIÑETAS" que empezamos a traballar este mes.


A ver cantos personaxes sodes quen de recoñecer...


Mortadelo e Filemón, Asterix e Obelix, Spiderman ...



Tatá Bolechas, Capitán América, Batman, Mike Wazowski...


Tintín, Betty Boop, Homer Simpson ...



Gerónimo Stilton, Supermán, Braulio Bolechas...


Doraemon, Epi e Blas, Chispa (can dos Bolechas) ...



Para imaxinación a de o noso alumnado e as súas familias que un ano máis nos deixaron marabillados coa súa capacidade de creación e innovación.
MOITAS GRAZAS pola vosa participación!!!

martes, 29 de outubro de 2013

LIBROS PARA MORRER DE MEDO

Neste tempo de outono, a biblioteca vestiuse de Samaín. Para que todos e todas poidamos escoller as nosas lecturas terroríficas preparamos un expositor cheo de libros relacionados co tema. Aínda non pasaches a recoller o teu? Pois non sei a que estás agardando!!! 



luns, 28 de outubro de 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Un ano máis chegou o 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e ANIVERSARIO DE PAPIRUS. Nesta ocasión o noso polbiño preferido non puido estar con nós pero como sempre nos leva no seu corazón, deixounos unha preciosa CARTA.


Presentounos o video da súa historia "PAPIRUS O POLBIÑO LECTOR" que preparou empregando as novas tecnoloxías, coa axuda da súa amiga e compañeira "A vieira Cocorola".



Contounos que durante as vacacións de verán foi con Cocorola visitar uns amiguiños e amiguiñas, mascotas da biblioteca escolar do cole "O Carballal" en Marín. Antes de marchar, Victor, o mestre de música, agasallouno coa súa propia canción. E sen dubidalo todos xuntos lle cantamos " Papirus, ten tres corazóns..."



Falounos do proxecto que está preparando para este curso "ENTRE VIÑETAS" que nos permitirá profundizar no mundo do cómic.



A continuación, sorprendeunos cun marabilloso cómic, escrito e ilustrado polo seu amigo, Miguel Angel Trassierra Lois "TRASSIWOLF" no que se conta unha aventura que lle aconteceu a Papirus durante as vacacións cos seus amigos, as tartarugas Tambo e Onza.

Para rematar, todos xuntos felicitamos a Papirus cantando "Parabens para ti", "Cumpleaños feliz" e "Happy birthday to you" diante do fermoso mural que nos pintou David nunha das paredes do Bibliocastelo.


E como en toda festa de aniversario non faltaron os agasallos:




Para ver máis premede nestes enlaces:  OS TRASNOS  -  CLASE DOS CORAZÓNS  -  APRENDEMOS NA REDE  -   2º CICLO 

mércores, 9 de outubro de 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Preme na imaxe
Este é o cartel que a Consellería de Educación editou este ano para conmemorar o DIA DA BIBLIOTECA (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL (International Association of School Librarianship)
O lema elixido para este ano "LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR" trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.
A ilustración é de Patricia Castelao.

A POESÍA GALEGA ESTÁ DE NORABOA!!!


Preme na imaxe
Manuel Álvarez Torneiro, escritor galego vinculado ao xornal A Voz de Galicia, ven de gañar o Premio Nacional de Poesía 2013 coa súa obra "Os ángulos da brasa" publicada na colección Tambo, da Factoría K (Kalandraka) .

Este libro xa fora recoñecido co Premio da Crítica de Poesía galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, co Premio Ánxel Casal da AGE (Asociación Galega de Editores) e co premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012.
Preme na imaxe
Leva publicados uns 13 poemarios máis, entre os que destacan "Memoria dun silencio" (1982),  "Rigorosamente humano" (1995) e "Luz de facer memoria" (1999).


Conta tamén con outros galardóns como o Premio Esquío (1994), o González Garcés (gañado en dúas ocasións nos anos 1998 e 2000) e o Premio da Crítica Española (1999); tamén foi nomeado socio de honra da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)


Vaian dende aquí os nosos parabéns ao poeta, a factoría K e á poesía galega!