luns, 23 de febreiro de 2015

ROSALÍA SEMPRE VIVA

O 24 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA, a nosa máis grande poeta. Para lembrarnos dela, vimos de elaborar na entrada do cole, un mural onde se pode ler o poema de CANTARES GALLEGOS " Na lingua que eu falo"



Ao igual que fixemos o curso pasado, imos participar nunha actividade colaborativa con outros centros do Morrazo que consiste na elaboración dun video conxunto onde o alumnado recita este mesmo poema. En breve publicaremos o resultado. Polo de agora, podemos lembrar o video que se editou o pasado curso co poema: "Alborada"



Aquí tendes o poema completo:  NA LINGUA QUE EU FALO

Cantarte hei, Galicia, 
teus dulces cantares,
que así mo pediron
na beira do mare.

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.

Mimosa, soave,
sentida, queixosa,
encanta si rie,
conmove si chora.

Cal ela ningunha
tan dose que cante
soidades amargas.
sospiros amantes,

misterios da tarde,
murmuxos da noite: 
cantarte hei, Galicia,
na beira das fontes.

Que así mo pediron,
que así mo mandaron,
que cante e que cante
na lengua que eu falo.

Que así mo mandaron,
que así mo dixeron...
Xa canto, meniñas.
Coidá, que comenzo.

Con dulce alegría,
con brando compás,
ó pe das ondiñas
que veñen e van.

Dios santo premita
que aquestes cantares
de alivio vos sirvan
nos vosos pesares;

de amabre consolo,
de soave contento
cal fartan de dichas
compridos deseios.

De noite, de día,
na aurora, na sera,
oiresme cantando
por montes e veigas.

Quen queira me chame,
quen queira me obriga;
cantar, cantareille
de noite e de día.

Por darlle contento,
por darlle consolo,
trocando en sonrisas
quiexinñas e choros.

Buscaime, rapazas,
velliñas, mociños,
Buscaime antre os robres.
Buscaime antre os millos,

nas portas dos ricos,
nas portas dos probes, 
que aquestes contares
a todos responden.

A todos, que á Virxen
axuda pedin,
porque vos console
no voso sufrir;

noa vosos tormentos,
nos vosos pesares.
Coidá, que comenso...
Meniñas, ¡Dios diante!

Ningún comentario:

Publicar un comentario