martes, 31 de maio de 2016

DE TOURNÉE!

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria están feitos uns artistas. Elaboraron unha versión da biografía de Manuel María con formato para expoñer nun Kamishibai, merecedor de todas as louvanzas.
O proceso foi longo e laborioso, xa que tiveron que procurar a información, seleccionala e organizala, acompañándoa de ilustracións do máis orixinais e creativas.
Un traballo tan orixinal non podía quedar xunguido ás cancelas da nosa escola, por iso quixeron compartilo máis aló da comunidade educativa. Así participaron na Gala do V Certame  de Poesía Johan Carballeira. Tamén fixeron unha representación no centro da Asociación Parkinson de Bueu. Foron aos dous Centros de Día que hai na vila a deleitar aos maiores co seu magnífico traballo. Realizaron unha representación no IES Johan Carballeira e tamén no cole de infantil.
Se queredes ter máis información sobre esta marabillosa actividade, premede na imaxe.

NORABOA RAPAZADA, moi bo traballo !

domingo, 29 de maio de 2016

PHOTOCALL

Para conmemorar o Día do Teatro que foi o 27 de marzo, o equipo de mamás que colabora coa biblioteca, axudounos a compoñer as pezas dun escenario espacial : un fondo estrelado, tres astronautas de diferentes tamaños e unha enorme nave intergaláctica. Aproveitamos esta montaxe para organizar un photocall por cursos.
Durante uns minutos convertémonos en astronautas e viaxamos polo UNIVERSO. Ollade as imaxes.


























Se queredes ver as fotos dos nenos e nenas de 2º premede na imaxe.

FOI MOI DIVERTIDO !!

venres, 27 de maio de 2016

SORPRESA, TEMOS UN PLANETARIO !

Esta semana vivimos unha incrible experiencia virtual. Contemplamos a cúpula celeste en tres dimensións grazas á xenerosidade da Fundación "la Caixa", que nos prestou un planetario móbil.


Distribuimos as sesións ao longo da semana, para que todos poidésemos gozar desta actividade, dende infantil ata 6º de primaria.






Mesmos invitamos a outros centros do Concello. Hoxe, viñeron os alumnos e alumnas de 1º ESO do IES Illa de Ons. Foi un pracer compartir con eles esta experiencia.




Tamén convidamos ás familias e hoxe pola mañá viñeron varias mamás. Para que poidesen vir os papás e mamás que traballan fixemos un último pase ás oito da tarde.


Moitas grazas á Fundación "la Caixa" e a todos e todas que compartistes con nós esta fascinante aventura. TODOS QUEDAMOS CON GANAS DE REPETIR !!

Se queredes máis información, premede na imaxe.




luns, 23 de maio de 2016

TEATRO NO CENTRO SOCIAL DO MAR DE BUEU

Hoxe o alumnado de infantil , primeiro e segundo de primaria asistiron a unha representación musical da obra de Manuel María, O bigote de Mimí. Este libro xa o estiveron traballando na clase. Ademais, o venres os nenos e nenas de primeiro e segundo foron a contarllo aos nenos e nenas de infantil, fixeron os apadriñamentos lectores coa obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Así hoxe a obra de teatro non os pillou por sorpresa, xa sabían de que trataba. Xa coñecían as historias do gato Mimí.
A representación correu a cargo de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto, que estaba formada por un guitarrista e un batería.
Pasárono xenial!! Cantaron, bailaron. Foi moi dinámico, activo e divertido. Se queredes máis información, premede na imaxe.

                     

venres, 20 de maio de 2016

QUE GRAN NOTICIA!

Hoxe enterámonos dunha noticia fantástica. A película dos nosos trasniños de infantil "A máscara do león" foi nominada aos premios "Olloboi 2016" na categoría de animación. O vindeiro 28 de maio, terá lugar en Boiro a gala na que se darán a coñecer os gañadores e gañadoras. Se queredes máis información, premede na imaxe.

              Trasnos

PARABÉNS TRASNIÑOS!! Estamos moi orgullosos do voso traballo. Para nós xa sodes os gañadores.
MOITA  SORTE

venres, 13 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS

Ao longo deste mes, estivemos realizando diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Entre todos e todas realizamos un mural colaborativo que decoramos con poemas do homenaxeado, Manuel María. Participou todo o alumnado, dende infantil ata 6º de primaria.





Quedou chulísimo, non si ?

Ademais puxéronse como libros de lectura, para traballar nas aulas, libros de dito autor :
"Os bigotes de Mimí" en 1º e 2º e "Os soños na gaiola" en 3º, 4º, 5º e 6º. No Bibliocastelo temos un zona dedicada a este autor onde están expostos os seus libros máis importantes.
Tamén deu comezo esta semana o concurso que realizamos todos os anos sobre o autor homenaxeado, este ano : Que sabes de Manuel María? 


Xa vos iremos contando quenes son os gañadores e gañadoras.

E hoxe... por fin chegou o gran día! No Bibliocastelo e na compaña de Papirus, que quixo estar con nós nesta data tan sinalada, os nenos de 4º recitáronnos poemas e contáronnos co Kamishibai a biografía de Manuel María, que eles mesmos realizaron coa axuda dos seus compañeiros e compañeiras de 3º. Pola súa banda, o alumnado de 3º fixo o mesmo en infantil.








Se queres ver a representación completa preme no vídeo.

FIXÉRONO XENIAL !!! 
Ao rematar, nenos e nenas doutros cursos tamén leron fermosos e entrañables poemas  de Manuel María : A fala,  Galicia,  O melro,  A andoriña, ...
Despois cantamos entre todos o poema do Cuco, con música e voz de Suso Vaamonde.
Ao rematar na sala de usos múltiples visionamos un vídeo no que persoas coñecidas de diferentes ámbitos ( xornalistas, pintores, futbolistas... ), e incluso mamás dalgúns alumnos, nos contaban porque falan galego, o orgullosos e orgullosas que están de facelo e nos convidan e animan a que defendamos a nosa lingua  e que nunca deixemos de falala.
Ollade o vídeo !

Un broche de ouro para un gran día!


Se queres saber máis sobre como celebramos este día tan especial no noso cole, preme na seguinte imaxe.