domingo, 26 de febreiro de 2017

UN ENTROIDO DE PELÍCULA

Este ano tivemos un Entroido de CINE!



Despois de traballar arreo papás, mamás, mestres, mestras, alumnos e alumnas, por fin chegou o día de pór os disfraces e ir de festa! As rúas de Bueu enchéronse de personaxes de películas moi coñecidos por todos nós.
Os nenos e nenas de infantil transformáronse en 101 Dálmatas. Os máis cativos ían nunha chulísima carroza feita pola ANPA.






Os de 1º convertéronse en fermosos Nemos e as súas profes na súa amiga Dory.


Os Minions foi a película escollida polos de segundo de primaria.



Aproveitando o programa TEI, os  rapaces e rapazas de terceiro foron cos seus titores de quinto disfrazados de Harry Potter e Dublemdore.




Piratas do Caribe foi a película escollida polos de cuarto.



A rapazada de sexto converteuse en fantasmas e cazafantasmas.



Abrindo o desfile ía o noso amigo Papirus, que fixo unha paréntese na súa viaxe para estar con todos nós neste acontecemento tan especial.



Tampouco faltou o grupo de gaitas Manxadoira, que sempre ameniza coa súa música o noso pasarrúas.


Despois do percorrido, cantamos as cantigas na Praza do Concello.



Xa de volta no colexio, puxémonos morados con tantas lambetadas : filloas, orellas, chulas...
Se queredes comprobar o ben que o pasamos, ollade o seguinte vídeo.



Moitísimas grazas a toda comunidade educativa (familias, profesorado, alumnado, persoal non docente...) que traballou de forma cooperativa para que este Entroido fose merecedor dun Óscar e un Goya a "Mellor festa do ano". E por suposto, o Óscar e o Goya a "Mellor banda sonora" foi para o grupo de gaitas Manxadoira, xa que encheu de música e ledicia o desfile.

Ningún comentario:

Publicar un comentario