mércores, 22 de marzo de 2017

RECREOS DE CONTO

Hoxe no Bibliocastelo, na hora do recreo, un grupiño de rapaces e rapazas de sexto, agasalláronnos cun conto da editorial Kalandraka, "A mosca chosca".


Fixeron unha dramatización chulísima! Ollade, ollade!









Moitas grazas, estivéstedes xenial! Sodes uns grandes actores e actrices!

martes, 21 de marzo de 2017

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Hoxe celebramos o Día da Poesía cunha visita moi especial. Ex-alumnos e ex-alumnas que agora están estudando no IES Johan Carballeira viñeron a lernos poemas. Foron recitando por todas as clases e enchendo o cole de fermosas verbas, de versos e de poemas.














Moitas grazas, rapaces e rapazas! Noraboa ás mestras por esta marabillosa iniciativa!

venres, 10 de marzo de 2017

POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA !

Despois de moitas xornadas de traballo, por fin se estrearon as curtametraxes que os nosos alumnos e alumnas de 5º e 6º realizaron coa axuda das súas titoras e baixo a dirección de Ramón Torrente García, coordinador do proxecto "ExpresARTE".


A estrea tivo lugar no auditorio do Centro Social, dentro das actividades de conmemoración do Día Internacional da Muller.


Abriu o acto o Sr. Alcalde que leu un emotivo discurso sobre a discriminación da muller no mundo laboral e o papel tan importante que ten a educación para acadar a tan ansiada igualdade.


Ademais do noso colexio, había tamén alumnado dos outros centros e institutos do Concello, que participaron nesta actividade, organizada e promovida polo CIM (CENTRO DE INFORMACIÓN AS MULLERES). De feito, foi a súa directora, Montse González a encargada de presentar as curtas (once en total máis un videoclip).


Pero antes do seu visionado, fíxolle entrega á gañadora do Concurso de Viñeta e Ilustración, baixo o lema "A igualdade no traballo",  Marta Piñeiro, exalumna do noso centro. Noraboa, Marta ! Esta foi a viñeta gañadora!


Noraboa a todas  e todos : aos organismos que fixeron posible o desenvolvemento desta fermosa e innovadora iniciativa (DEPUTACIÓN PROVINCIAL, CONCELLO DE BUEU e CIM) ; aos alumnos e alumnas, mestres e mestras e persoal non docente (Martín e Ramón) e, por suposto, ao equipo da rodaxe (Ramón, Ana e Brais), membros de "Andamiaxe". Moitas grazas pola vosa paciencia e dedicación.
En canto dispoñamos da copia das curtametraxes, colgarémolas nos blogs para que poidades gozar delas, tal como fixemos nós. Mentras tanto, amosámosvos unhas fotografías das mesmas.