luns, 26 de febreiro de 2018

ROSALIANDO!!

Para homenaxear a gran Dama Galega, Rosalía de Castro, no 181 aniversario do seu nacemento, estivemos traballando un dos seus poemas, concretamente o primeiro que aparece no seu libro Cantares Gallegos. A razón pola que escollemos este e non outro e porque  está relacionado coa alimentación que é o tema do proxecto deste curso. Nel Rosalía fálanos de manxares tradicionais galegos como : boliños do pote, sopiñas con viño, torrexas con mel...
Despois de traballalo, cada clase gravou un vídeo interpretándoo de diferentes maneiras : recitando, dramatizando, cantando, rapeando... Este foi o resultado, ollade!

4º de Educación Infantil


5º de Educación Infantil "Pelouros"


6º de Educación Infantil "Corazóns Vermellos"


6º de Educación Infantil "Corazóns Azuis"


1ºA Primaria


1ºB Primaria


2º Primaria


3º Primaria


4º Primaria


5º Primaria


6º Primaria


Noraboa a todos e a todas por este gran traballo!

sábado, 24 de febreiro de 2018

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o 181 aniversario do nacemento dunha das nosas escritoras máis ilustres: Rosalía de Castro. Para conmemorar esta data tan importante, enchemos as ventanas do cole con imaxes de Rosalía que nos enviou a AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) baixo o lema "AbrideAFiestra".




















Se queres ter máis información das actividades organizadas pola AELG, preme na seguinte imaxe.


mércores, 14 de febreiro de 2018

UN SABOROSO ENTROIDO!!!

Despois de traballar durante varios días, papás, mamás, alumnos, alumnas, mestres e mestras, por fin chegou o día de saír á rúa a lucir os nosos disfraces. O tema do Entroido deste ano foi a alimentación saudable, xa que é o tema do proxecto deste curso.
A ANPA coa axuda das familias realizou unha chulísima carroza, que representaba unha cociña, na que a nosa mascota, Papirus, era o chef.



Os nenos e nenas de infantil convertéronse en riquísimos amorodos.


Os rapaces e rapazas de 1º foron apetitosas cenorias.


De doces tarros de mel ían os de 2º e as súas mestras de apicultoras.



Peixiños de vivas cores foron os de 3º.


Camareiros e camareiras profesionais os de 4º.


A rapazada de 5º foi de libros de cociña.


Os de 6º foron os chefs do desfile.


 O grupo de gaitas Manxadoira foi animando coa súa música a comitiva. 


Encabezando o desfile, a nosa mascota.


Despois do percorrido, cantamos as cantigas na carpa instalada na Praza do Concello. Se queres ler a letra das cancións, preme na seguinte imaxe.


Xa de volta no colexio, puxémonos morados con todas as delicias do Entroido : chulas, filloas, orellas...
Foi unha xornada de troula e diversión. Se queres ver o ben que o pasamos olla o seguinte vídeo.

mércores, 7 de febreiro de 2018

GONZALO MOURE VISITA O BIBLIOCASTELO


Hoxe, o escritor Gonzalo Moure encheu de "Palabras de Caramelo" ( título do libro que engaiolou aos nenos e nenas de cuarto) a nosa biblioteca. Falounos de Kori ,o protagonista da historia, de Nadira,  Fatimetsu e doutros nenos saharauis que viven en campamentos de refuxiados. Contounos como xurdiu a idea deste fermoso libro. Foi a raíz dunha conversa que mantivo con Fatimetsu, unha nena xorda que un día viu a unha cría de camelo que despois de mamar movía os beizos e preguntoulle a Gonzalo se os camelos falaban. De ahí xurdiu a idea da historia que relata "Palabras de Caramelo". Tamén nos fixo partícipes da súa admiración e fascinación polo pobo saharaui e contounos o fermosísimo labor que vén desenvolvendo dende fai anos, que é nada máis nin nada menos que construir bibliotecas. O seu obxectivo e levarlles libros aos nenos e nenas saharauis para que descobran o marabilloso mundo da lectura.
Os rapaces e rapazas de 4º foron os afortunados de compartir inquedanzas, experiencias e vivencias con el.





Presentounos o seu novo libro titulado "El niño de luz de plata" publicado por Bubisher, Asociación Escritores polo Sáhara. Este libro é o froito do traballo dun clube de lectura de Farsía, Smara, formado por 12 nenos e coordinado polo escritor. Ten unha finalidade solidaria, cos cartos recaudados pola súa venda, construirán unha biblioteca.


A visita de Gonzalo foi un momento realmente máxico e inesquecible, que deixou unha fonda pegada en todos nós e un montón de frases fermosas, tales como :
"Mis primeros recuerdos en color no son de la vida, son de los libros".
"Yo lo que escribo lo escribo porque me sale del alma, del corazón, no para ganar dinero".
"Los libros no se deben escribir para nada, sino por".
"Todos somos escritores, porque todos tenemos cosas que contar".
Se queres máis información preme na seguinte imaxe.


Moitísimas grazas Gonzalo, foi un inmenso pracer e un honor terte hoxe con nós. Estamos desexando que volvas axiña.

martes, 6 de febreiro de 2018

OBRADOIRO DE COSTURA NO BIBLIOCASTELO

Onte pola tarde a biblioteca converteuse nun obradoiro de costura. Os libros, enciclopedias... foron substituídos por teas, agullas, máquinas de coser, alfinetes...
Un grupo de mamás de alumnos e alumnas de cuarto puxéronse "mans á obra" e axudaron ás mestras na confección dos disfraces, que os seus fillos e fillas lucirán o vindeiro venres no desfile.
Un fantástico traballo cooperativo! Ollade!










Sen a súa axuda e colaboración non tería sido posible realizar todos os disfraces.
MOITAS GRAZAS!