mércores, 7 de febreiro de 2018

GONZALO MOURE VISITA O BIBLIOCASTELO


Hoxe, o escritor Gonzalo Moure encheu de "Palabras de Caramelo" ( título do libro que engaiolou aos nenos e nenas de cuarto) a nosa biblioteca. Falounos de Kori ,o protagonista da historia, de Nadira,  Fatimetsu e doutros nenos saharauis que viven en campamentos de refuxiados. Contounos como xurdiu a idea deste fermoso libro. Foi a raíz dunha conversa que mantivo con Fatimetsu, unha nena xorda que un día viu a unha cría de camelo que despois de mamar movía os beizos e preguntoulle a Gonzalo se os camelos falaban. De ahí xurdiu a idea da historia que relata "Palabras de Caramelo". Tamén nos fixo partícipes da súa admiración e fascinación polo pobo saharaui e contounos o fermosísimo labor que vén desenvolvendo dende fai anos, que é nada máis nin nada menos que construir bibliotecas. O seu obxectivo e levarlles libros aos nenos e nenas saharauis para que descobran o marabilloso mundo da lectura.
Os rapaces e rapazas de 4º foron os afortunados de compartir inquedanzas, experiencias e vivencias con el.





Presentounos o seu novo libro titulado "El niño de luz de plata" publicado por Bubisher, Asociación Escritores polo Sáhara. Este libro é o froito do traballo dun clube de lectura de Farsía, Smara, formado por 12 nenos e coordinado polo escritor. Ten unha finalidade solidaria, cos cartos recaudados pola súa venda, construirán unha biblioteca.


A visita de Gonzalo foi un momento realmente máxico e inesquecible, que deixou unha fonda pegada en todos nós e un montón de frases fermosas, tales como :
"Mis primeros recuerdos en color no son de la vida, son de los libros".
"Yo lo que escribo lo escribo porque me sale del alma, del corazón, no para ganar dinero".
"Los libros no se deben escribir para nada, sino por".
"Todos somos escritores, porque todos tenemos cosas que contar".
Se queres máis información preme na seguinte imaxe.


Moitísimas grazas Gonzalo, foi un inmenso pracer e un honor terte hoxe con nós. Estamos desexando que volvas axiña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario